Tralo éxito do Torneo de UNO, o venres 5 ás 22.00 tócalle ao Pinturillo.

O xogo de debuxo buscará o lado máis creativo e dedutivo dos participantes á vez que repartirá valiosos puntos para a clasificación do Grand Prix Online. Manterá Jandro o seu estado de forma ou será só un espellismo?

O torneo será completamente gratuíto e realizarase online, dunha maneira sinxela e accesible para todos. As inscricións estarán abertas ata o mércores 3 ás 23.59, e durante o xoves 4 facilitaráselle aos participantes, vía WhatsApp toda a información necesaria.

Podédesvos inscribir mediante o formulario aquí disposto ata o mércores 3 ás 23.59.

Agardámosvos!

[Form id=»2″]