Torneo de Tute – Grand Prix Online

BÚSCASE REI DE COPAS As 40 cartas da baralla serán testigo da última e máis importante cita do Grand Prix Online, o torneo de Tute, que se disputará o venres 14 ás 22.00 e que terá unha puntuación especial, a altura da situación. O torneo será completamente gratuíto e realizarase online, dunha maneira sinxela e …

A Crónica – Torneo de STOP

O pasado venres día 23 celebrouse o Torneo de STOP, penúltimo chanzo do Grand Prix Online. A vontade da directiva de contentar a tódolos socios plasmouse esta vez nun formato de todos contra todos de onde sairía a clasificación final, o que permitiu a Rubén Vázquez cumprir o seu soño de chegar a unha final. …

Torneo de STOP – Grand Prix Online

STOP! WAIT A MINUTE O Grand Prix Online fará a súa penúltima parada este venres 23 ás 22.00 no Torneo de Stop, onde se buscará ao maior coñecedor do dicionario. O torneo será completamente gratuíto e realizarase online, dunha maneira sinxela e accesible para todos. As inscricións estarán abertas ata o mércores 21 ás 23.59, …

A Crónica – Torneo de Escoba

O pasado venres día 9 de abril celebrouse ou Torneo de Escoba, que deu comezo á segunda metade do Grand Prix. Desta volta o formato trouxo unha fase de grupos onde todos se mediron entre sí mediante enfrentamentos individuais. Semella esta a única forma de que Abel xogue máis dunha partida, xa que o estudante …

Torneo de Escoba – Grand Prix Online

UN MÁIS UN SON 15 Tras un merecido descanso, o venres 9 ás 22.00 volta o Grand Prix Online co Torneo de Escoba. O torneo será completamente gratuíto e realizarase online, dunha maneira sinxela e accesible para todos. As inscricións estarán abertas ata o mércores 7 ás 23.59, e durante o xoves 8 facilitaráselle aos …