Onte día 5 de marzo tivo lugar o Torneo de Pinturillo, segunda parada do Grand Prix Online.

Co mesmo formato e gran recibimento, comezaron os octavos de final, que malia á repesca borraron as posibilidades de Xabi e Fontela de manterse no alto da táboa, e tamén se saldaron coa derrota do Presidente, que a ninguén sorprendeu.

O fantasma da segunda rolda cruzouse con Rai, que nin coa axuda dos espectadores do seu directo conseguiu avanzar. Acompañouno neste fracaso Jandro, o gran candidato, cuxa “mentalidade de tiburão” se quedou en faneca. Un pouco máis durou a euforia de Rubén Vázquez, que avanzou xunto a Beatriz pola repesca ata as portas da final.

Repasados os escuros, é tempo de falar dos claros, onde o nome propio da noite foi o de Escri, que chegou con firme paso á final. Alí atopouse, de novo, cos mesmos compoñentes da semifinal: Bruno, Sendón, Oreiro, Naím e Seoane.

O caos gobernou cada unha das 5 roldas, pasando todos polo primeiro posto —excepto Seoane, que foi un mero espectador—. A punto de dar a campanada estivo Bruno, que chegou líder á última rolda, pero a palabra “victoria” pechoulle a porta e deixouno como “primeiro do resto”, detrás dun intratable Escribano. Destacable foi o desempeño de Oreiro, que chegou máis lonxe do que se podía esperar dunha persoa que escribe “atahuz”.

Cos puntos outorgados neste torneo Sendón durmirá líder, canto menos, ata a próxima cita, que será en 2 semanas. Agardámosvos!

#AsubiandoXuntos