A AD O Silbato estará presente este domingo 27 de xuño, de 11.00 a 14.00, na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias (A Torre) con motivo da celebración do XXXIII Día do Deporte na Rúa, organizado polo Concello da Coruña.

Con esta actividade a AD súmase á iniciativa do ente local para a promoción do deporte na rúa, ao alcance de todos e de xeito solidario.

#AsubiandoXuntos