O pasado sábado 30 de xullo tivo lugar, na Praia de Samil, o III Torneo de Fútbol Praia AR-VI.

A representación da AD correu a cargo dun xoven equipo que foi perxudicado polo formato: «ter que marcar máis goles ca o rival non nos favorece», declarou o capitán Diego Seoane. Tampouco houbo rumbo táctico, defendendo a portería ata 3 porteiros diferentes nos 3 primeiros partidos.

Unha vez se lles explicou a Eneko en que portería se marcaba, e a Naím que había que golpear o balón e non as cabezas rivais, o equipo, cun nivel vido de menos a máis, empezou a acadar victorias… na última xornada.

Así, despedíronse do torneo con 5 puntos dos 18 disputados, o que non fixo máis ca sumar presión de cara ao verdadeiro partido, o que se disputaba pola noite, onde aínda sendo favoritos, cumpriron con creces.

Dende a AD queremos agradecer aos compañeiros de AR-VI a súa hospitalidade e bo trato.

Galería de fotos dispoñible AQUÍ

#AsubiandoXuntos

ARRIBA: Seoane, Escri, Senín, Abel e Bruno Pardo ABAIXO: Victor, Álvaro Núñez, Sergio Castro e Eneko NO CHAN: Naím e Óscar