Tras 2 anos de obrigado parón, o sábado 25 de xuño celebrarase, na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias – A Torre, o XI Torneo Nacional de Árbitros, no cal recibiremos na nosa cidade a compañeiros de toda España.

O torneo disputarase de forma ininterrompida dende pola mañá, coa fase de grupos, ata a media tarde, cando teña lugar a final. Ademáis, os participantes poderán disfrutar, a mediodía, dunha bolsa-picnic coa comida. Tras iso celebrarase, no Restaurante Boavista do SC Casino, a Cea de Clausura, onde terá lugar a entrega de trofeos.

Podes inscribirte no formulario abaixo disposto ata o luns día 13 ás 23.59. Para participar é condición obrigatoria ser socio e estar ao corrente de pago. Os cursillistas 2021/2022 teñen condición de socios de pleno dereito.

Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós por vía telefónica (662 59 10 94 – Rodrigo ; 667 85 70 76 – Diego ; 674 49 66 56 – Naím) ou a través das nosas RRSS (@osilbato)

[Form id=»10″]

Este formulario solo es válido para la inscripción de árbitros de la Delegación de A Coruña, si eres de otra Delegación y estás interesado en participar, contáctanos.