O pasado venres día 8 tivo lugar, no Pavillón Municipal de Vilaboa o pistoletazo de saída ás actividades do ano 2022 cun Torneo de Fútbol Sala.

O torneo dividiuse en 2 fases: unha liguiña donde todos se enfrontarían contra todos e unha fase final eliminatoria onde os 3 primeiros clasificados avanzaban directamente ás semifinais namentres os 2 últimos se xogaban o último posto a penaltis.

Na rolda de grupos demostrouse a nula capacidade do Coordinador de Actividades de formar equipos nivelados. Menos mal que o seu xa o lastraba el, que se como porteiro deixa dúbidas como xogador solucionaas todas.

A outra cenicienta foi o Liceo Buñuelos, donde se volve demostrar que a combinación Presidente + Capitán + Porteiro = 0 puntos. Aínda así meteronse na semifinal grazas á lotaría dos penaltis.

O Top3 non deixou lugar a dúbidas: Á SD Conpistola, con Yannick e Eric de stoppers non houbo quen lle metese man até as semis onde pereceron contra o carro empuxado por Pepote (e á súa vez frenado por Víctor Mera).

Na final, os verdes toparonse contra os grandes favoritos, cuxo indubidable MVP, Lucas Rey, parou goles na ronda vespertina e metiunos na nocturna. Neste tan físico encontro, alzáronse ca victoria os do Queriendo, reclamando os seus rivais a parcialidade do árbitro, a quen o partido lle veu grande.

Finalizado o torneo a comitiva dirixiuse cara O Raxo do Burgo, onde se compartiron todas as anécdotas previas. A partir de ahí, todo borroso…

Galería de fotos dispoñible AQUÍ

#AsubiandoXuntos