O pasado venres 26 de novembro tivo lugar o Torneo de FIFA 22.

En grupos destacaron os tranquilos paseos de Bruno Pardo, Victor e Brais Ron, que lideraron de cabo a rabo. No avance a cuartos foron escudados por Pablo Rey, Abel —que puxo catenaccio por bandeira—, Santi Lobón —porque non quedaba máis remedio— e Maneiro, que se aproveitou do abandono dun Cusset que se tirou do barco antes de que afundise. Os debutantes Ángel Ferreiro e Lobón Jr. non puideron levar máis ca un sentido aplauso e o xogo do programa.

Na primeira ronda eliminatoria tanto Abel como Bruno tiveron que chegar á lotería dos penaltis para decidir os seus partidos, certo é tamén que os rivales non sabían como tiralos. Pola outra parte non houbo tampouco oco á sorpresa.

Xa nas semifinais, destaca o parón que tivo que haber no Pablitez-Bruno, xa que tivo que entrar o servizo de limpeza a secar as vágoas do primeiro, que non sin polémicas avanzou á final na que se atoparía cun Ron que liquidou sen problemas ao vigués.

Pese a que Pablo tentou aferrarse á historia da cenicienta non foi quen de plantarlle cara a Ron, que cumpliu cas expectativas que o deron como gañador dende ben cedo e levou para a casa a alegría da victoria.

Especiais agradecementos ao noso compañeiro e socio Andrés Izzi, que fixo de anfitrión acollendo á actividade no Bar Friends que él mesmo rexenta.

#AsubiandoXuntos