CHEGOU O SAN MARTIÑO

O luns 1 ás 11.00 disputarase, no campo da Rocheira (Coristanco), un partido de F11 entre A Coruña e A Costa que rematará cun 3º tempo.

A actividade terá un custo de 15€ por persoa, que inclúen o xantar, composto de entrantes, churrasco a encher, postre e café. A AD O Silbato facilitará o desprazamento daqueles socios que vaian dende A Coruña.

Podédesvos inscribir mediante o formulario aqui disposto ata o sábado 30 ás 14.00. Toda a información necesaria será facilitada aos participantes vía WhatsApp.

[Form id=»6″]