O pasado venres día 17 a AD O Silbato tomou parte do II Trofeo Barritos.
Como sempre, o fútbol foi unha excusa que tivo, neste caso, un transfondo solidario, xa que coa aportación de todos os participantes poideronse achegar máis de 100kg de comida á asociación Boa Noite.
O Trofeo, disputado en formato triangular enfrontou á AD contra os Veteráns do RC Deportivo e contra a Peña Deportivista Míticos de Riazor.
O primeiro encontro foi contra os veteráns, é, pese a aguantar incialmente o tirón, finalmente a calidade dos Manuel Pablo e compañía impuxéronse con claridade á explosividade de Abel ou Bruno Pardo.
A imaxen dada foi boa, polo que o partido fronte a Miticos semellaba factible. E así foi, a AD dominou totalmente un encontro onde so poideron ser freados polo árbitro. O lategazo de Rosende foi igualado polos blanquiazuis nun balón parado e dende ahí o monólogo dos colexiados so puido ser contestado por astutas xogadas de despiste por parte dos deportivistas. O honor da AD foi salvagardado polos irmáns Juncal, que dende a defensa xogaron ao ollo por ollo, con duras entradas que grabaron os seus tacos nos xeonllos rivais.
Finalizado o torneo, no que O Silbato se alzou co segundo posto, recoñeceuse a labor e traxectoria de Barros Botana, que apadriñou esta solidaria iniciativa que de seguro se volverá repetir.
Galería de fotos dispoñible AQUÍ
#AsubiandoXuntos