O venres 17 ás 20.40 a AD O Silbato volverá ser participe do Trofeo Barritos. Celebrarase no Municipal de Vilaboa e terá un custo de 1€ por persoa.

O trofeo, apadriñado polo mítico Barros Botana, será en formato F7 e a AD buscará revalidar o título contra os amigos da Peña Deportivista Míticos de Riazor.

Podédesvos inscribir mediante o formulario aquí disposto ata hoxe mércores día 8 ás 23.59, e durante os vindeiros días facilitaráselle aos participantes, vía WhatsApp, toda a información necesaria.