AQUÍ HAI PRAIA!

O sábado 28 ás 10.00 terá lugar o Torneo de Fútbol Praia, que aparece como novidade no calendario estival deste 2021. Celebrarase na Praia de Sada e terá un custo de 7€ por persoa que incluirá comida (churrascada) e bebida.

Podédesvos inscribir mediante o formulario aquí disposto ata o mércores 25 ás 23.59, e durante o xoves 26 facilitaráselle aos participantes, vía WhatsApp, toda a información necesaria.

Para que se poida levar a cabo a actividade será necesario que participen un mínimo de 20 persoas.