EXPLOTA EXPLÓTAME…

O sábado 31 de xullo participaremos por primeira vez no Torneo de Futbol Burbulla CERCUD, que se celebrará na Área Recreativa de Baamonde, Lugo (a 40 minutos da Coruña).

O torneo, que se celebrará en horario de mañá, terá un custo de 10€ por persoa e inclúe o xantar (empanada, lacón e churrasco). A AD O Silbato poñerá vehículos a disposición dos participantes e financiará todos os gastos de desprazamento.

Podédesvos inscribir mediante o formulario aquí disposto ata o sábado 17 ás 23.59, e durante a seguinte semana facilitaráselle aos participantes, vía WhatsApp toda a información necesaria.