BÚSCASE REI DE COPAS

As 40 cartas da baralla serán testigo da última e máis importante cita do Grand Prix Online, o torneo de Tute, que se disputará o venres 14 ás 22.00 e que terá unha puntuación especial, a altura da situación.

O torneo será completamente gratuíto e realizarase online, dunha maneira sinxela e accesible para todos. As inscricións estarán abertas ata o mércores 12 ás 23.59, e durante o xoves 13 facilitaráselle aos participantes, vía WhatsApp, toda a información necesaria.

Podédesvos inscribir mediante o formulario aquí disposto ata o mércores 12. Se non tedes parella a organización encargarase de emparellarvos.

[Form id=»2″]