O pasado venres día 9 de abril celebrouse ou Torneo de Escoba, que deu comezo á segunda metade do Grand Prix.

Desta volta o formato trouxo unha fase de grupos onde todos se mediron entre sí mediante enfrentamentos individuais. Semella esta a única forma de que Abel xogue máis dunha partida, xa que o estudante de infórmatica está deixando moito que desexar nas súas participacións.

Nos oitavos destaca o enfrontamento fraticida entre os Juncales, do que saliu vencedor un Yannick cuxa agresividade no tapete perde forza a través da pantalla. Tamén nesta rolda dou Noel a campanada apeando a Escri, aínda que a súa alegría sería pasaxeira, xa que se topou con Cusset, que por fin carbura.

Nas semifinais, caras coñecidas: Sendón, Seoane, Cusset e Xabi. Triunfaron os 2 primeiros, que xa se viran na final do Torneo de Pinturillo. Esta vez o seu enfrontamento tornaba máis emocionante se cabe, xa que estaba en disputa o liderado do Grand Prix. Sendón púxose rápidamente en cabeza cunha ampla vantaxe que parecía definitiva, pero aínda tendo todo en contra Seoane defendeuse como gato panza arriba forzando unha última rolda vertixinosa na que puxo ao costeiro contra as cordas.

Finalmente foi o prezado 7 de ouros o que lle dou a vitoria a Sendón, que volta a encabezar a xeral.

O venres 23 de abril voltaremos co Torneo de Stop, que tentará esclarecer a clasificación deste vibrante Grand Prix.

Podes ver a clasificación completa do Grand Prix en: bit.ly/ClasificacionGP

#AsubiandoXuntos