UN MÁIS UN SON 15

Tras un merecido descanso, o venres 9 ás 22.00 volta o Grand Prix Online co Torneo de Escoba.

O torneo será completamente gratuíto e realizarase online, dunha maneira sinxela e accesible para todos. As inscricións estarán abertas ata o mércores 7 ás 23.59, e durante o xoves 8 facilitaráselle aos participantes, vía WhatsApp, toda a información necesaria.

Podédesvos inscribir mediante o formulario aquí disposto ata o mércores 7 ás 23.59.

Agardámosvos!