UNO, 2, 3… MAMBO!

O venres 19 de febreiro ás 22.00 dará comezo o Grand Prix Online. O popular xogo de cartas «UNO» será o encargado de inagurar esta iniciativa que permitirá aos compañeiros compartir un anaco xuntos á vez que suman puntos para a clasificación final.

O torneo será completamente gratuíto e realizarase online, dunha maneira sinxela e accesible para todos. Terá unha duración aproximada dunha hora, durante a cal os participantes estarán conectados vía Zoom.

Podédesvos inscribir mediante o formulario aquí disposto ata o mércores 17 ás 23.59.

Agardámosvos!

#AsubiandoXuntos

[Form id=»2″]