Presentamos o Grand Prix Online, unha nova maneira de manternos unidos.

A situación actual trouxonos a obligación de modificar os nosos costumes no ámbito personal, e como non, a AD O Silbato tamén se adaptou. É por iso que traemos, de forma online, actividades habituais no noso calendario (tute ou escoba) xunto a outras do mesmo carácter (UNO ou parchís), conformando un circuíto que se estenderá dende mediados de febreiro ata finais de abril.

Todas estas actividades serán gratuítas e puntuables e desembocarán nunha clasificación final onde resultarán premiados os 3 primeiros. Así mesmo, os participantes de cada actividade estarán conectados entre si vía Zoom.

Deste xeito buscamos retomar, ainda que sexa de forma virtual, o contacto que asiduamente se mantiña entre os compañeiros. Animámosvos a todos a participar.

Próximamente achegaremos información sobre o primeiro torneo.

#AsubiandoXuntos